A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación ven de publicar a convocatoria de mobilidade de estudantes para o curso 2019/2020 para realizar estadías con fins de estudos en universidades estranxeiras.

O obxectivo desta convocatoria é seleccionar o estudantado da UDC para participar no curso 2019/2020 nos programas internacionais de mobilidade seguintes:

  1. Acción Clave Primeira. Mobilidade de Estudantes do Programa Erasmus+.
  2. Mobilidade internacional no marco de convenios bilaterais ou de dobre titulación internacional asinados pola UDC con institucións que, polo seu ámbito xeográfico ou contido, se atopan fóra da órbita dos programas anteriores.

Todos os estudantes que soliciten unha mobilidade deberán cubrir unha única solicitude en liña a través do portal para estudantes de intercambio saíntes dispoñible na web de mobilidade internacional da UDC. A solicitude en liña, xunto coa documentación requirida (documentos en pdf.), deberase presentar antes das 23.59h do 20/02/2019.