Convocatoria de bolsas de investigación para o ano 2018 da Deputación Provincial da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña convoca 3 bolsas na área de artes e humanidades destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2018-2019 cunha duración mínima de nove meses. O prazo para participar na convocatoria está aberto até o día 31 de maio ás 14:00 horas.

Máis información no Boletín Oficial da Provincia