20180424 JornadasLiterariasNeda

A Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol acollerá mañá a primeira cita das Xornadas Literarias organizadas polo Concello de Neda coa axuda da Deputación e da Universidade da Coruña. O acto dará comezo ás seis da tarde e tomarán parte no mesmo a concelleira de Cultura de Neda, Cristina Bouza Bellón; a decana de Humanidades, Manuela del Pilar Santos Pita, e o profesor, escritor e xornalista Eduardo Fra Molinero.

A edición número 16 da convocatoria está dedicada a la escritora Marguerite Yourcenar, novelista, poetisa e dramaturga de orixen belga e de nacionalidade estadounidense. “Memorias de Adriano” é a súa obra máis coñecida.

Cara ás dúas seguintes xornadas, a actividade trasladarase á Casa das Palmeiras de Neda, na que tanto o xoves como o venres haberá conferencias, a partir das oito da tarde. O xoves (día 26) intervirán María Ángeles Fernández Martín (editora da Fundación Germán Sánchez Ruipérez) coa conferencia “Adriano/¨Yourcenar/Cortázar: transmigradores, transgresores, viajeros. Un homenaje”; Ánxela Gracián (traductora, escritora, editora e animadora cultural), con “Traducir a Marguerite Yourcenar: a eterna busca da dicción clásica” e Eduardo Fra Molinero (profesor, escritor e xornalista), con “Unha historia viva ou historia das persoas: personaxes novelescos no ensino da historia”.

No programa do venres (día 27) intervirán o Club de Lectura Pantasmas de Papel coa conferencia “Nuestras lecturas de MY”; Manuel García Martínez (profesor titular no Departamento de Filoloxía Clásica, área Filoloxía Francesa da USC), con “Humanismo y viaje en Les Memoires d´Hadrien de Marguerita Yourcenar”, e María Xosé Queizán (escritora, catedrática de Lingua e Literatura galega e activista feminista), con “Marguerite Yourcenar: Paixón polo humanismo universal”.

O Concello de Neda recorda que a asistencia e libre e gratuíta e invita á veciñanza a participar nesta nova edición das Xornadas Literarias.