Bolsas formación Humanidades DOG 02/02/2018

 

ORDE do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración autonómica que ten atribuídas as competencias en materia do patrimonio cultural. Dentro destas competencias, correspóndelle as actuacións en materia de patrimonio moble, museos e coleccións visitables. Son as súas funcións a protección, o inventario, a restauración e a difusión do patrimonio cultural, así como o coidado, a dotación, a instalación e a promoción de museos.

Para impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos e posibilitar a dita aprendizaxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas de formación que contribúan, na medida das posibilidades orzamentarias, a ampliar esta formación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180223/AnuncioG0164-140218-0001_gl.html