A UDC acaba de convocar eleccións para representanrtes de estudantes nos distintos organos colegiados que a forman. É moi importante para o futuro da nosa Universidade en xeral e da nosa Facultade en particular que todos/as os/as interesados/as participedes nelas. Máis abaixo inclúese a ligazón con toda a información dispoñible,

http://www.udc.es/goberno/equipo_reitoral/secretaria/documentos/eleccions/organoscolexiados2017/

As candidaturas presentaranse mediante instancia electrónica, que estará accesible no taboleiro electrónico, dende o 18 de xaneiro de 2017 até as 14:00 horas do día 23 de xaneiro de 2017.

Por suposto se necesitades calquera aclaración podedes dirixirvos á secretaría do Decanato da Facultade (decanato.humanidades@udc.es)