HUMANIDADES E DOCUMENTACIÓN PON EN MARCHA UN NOVO MÁSTER EN MUSEOS, ARQUIVOS E BIBLIOTECAS.

A Facultade de Humanidades e Documentación do campus de Ferrol (UDC) porá en marcha no vindeiro curso un novo Mestrado en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas, cuxos períodos de preinscrición son os seguintes:

 

23 xuño ao 13 de xullo

20 agosto ao 3 de setembro

24 ao 30 de setembro

 

O novo mestrado consta dun módulo común de 30 créditos, que inclúe prácticas externas, e de dúas especialidades de 30 créditos cada unha: a primeira en museos, e a segunda en bibliotecas patrimoniais e arquivos ​históricos.

 

Este mestrado, unico pola súa temática en toda España, ten como obxectivo formar a profesionais no eido da investigación, a conservación e a difusión do patrimonio cultural, bibliográfico e documental.

 

Máis información en:

http://estudos.udc.es/gl/study/detail/4521V01