Comisións permanentes

1. A Xunta de Facultade, para os efectos do seu mellor funcionamento ou actuación, poderá constituír comisións con carácter de apoio ou de asesoramento que non terán capacidade decisoria, e que deberán remitir todas as propostas que se adoptaren á Xunta de Facultade ou ao decano, se for o caso, que decidirán en última instancia.

3. As comisións estarán compostas polos membros da Xunta de Facultade designados por ela mesma. Para a súa renovación seguiranse os mesmos criterios que establece o artigo 9 do presente regulamento e o que dispón para as xuntas de facultade no Regulamento de réxime electoral.

4. Na composición destas comisións estarán representados todos os sectores da Xunta de Facultade.
5. A composición das comisións permanentes será a seguinte:

-O presidente, o decano ou a persoa en quen delegar
-Catro profesores
-Dous estudantes
-Un membro do PAS da facultade

(art. 17 RRI da Facultade de Humanidades)