XXI JORNADAS DE FILOSOFÍA Y METODOLOGÍA ACTUAL DE LA CIENCIA

XXI JORNADAS DE FILOSOFÍA Y METODOLOGÍA ACTUAL DE LA CIENCIA

Jornadas sobre Inteligencia Artificial y sociedad contemporánea: El cometido de la información

É unha actividade pensada como Congreso, de dous días de duración, que organiza a Universidade da Coruña coa colaboración da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España. O curso permite a obtención de dous créditos de libre configuración (e está previsto solicitar un crédito ECTS para os graos).

O prazo de matrícula remata o 26 de febreiro.

Luciano Floridi, catedrático da Universidade de Oxford, é o convidado principal. É director de investigación do Oxford Internet Institute, forma parte do panel internacional de Google de “dereito ao olvido” e ocupou a Cátedra UNESCO de Information and Computer Ethics.

Tamén interveñen Javier Echeverría, Catedrático de Universidade e investigador do Centro de Innovación Social do País Vasco; Giuseppe Primiero, catedrático da Universidade de Middlesex en Londres; Mark Priestley, investigador, asociado ao University College London; e Enrique Alonso, profesor titular da Universidade Autónoma de Madrid. Presentarán un relatorio cada un deles e participarán nunha mesa redonda.