Breve historia

A Facultade de Humanidades conta coas seguintes titulacións:

 

  • Grado en Humanidades
  • Grado en Información e Documentación
  • Mestrado en estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
  • Programa oficial de Doutoramento en sociedade do coñecemento: novas perspectivas en documentación, comunicación e humanidades

 

 

Época do H. Novoa Santos

O título de licenciado en Humanidades é un tipo novo de estudos que xordiu no noso país en 1992 e que se implantou na Universidade da Coruña en 1993. Desde o principio, a Facultade de Humanidades organizou o seu plano de estudos en catro cursos. Para implantar a dita licenciatura, utilizouse provisionalmente o H. Novoa Santos, situado na estrada de Catabois. Alí, ao longo de tres anos, utilizáronse unhas aulas en que estivera anteriormente a Escola de Enfermaría.

 

Etapa de Esteiro

Tras a remodelación do antigo Hospital Naval, situado na zona de Esteiro, a Facultade trasladouse en 1996 a unha nova sede, o edificio galerías do campus de Ferrol e converteuse na única facultade do campus. Os seus profesores quedaron situados na súa maioría, no edificio de gabinetes, que se atopa ao lado do anterior. A inauguración do edificio, que tivo lugar en outubro deste ano, foi a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, acompañado polo reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil, e por outras autoridades.

Ademais da sede da Facultade e do edificio de gabinetes, os profesores e os alumnos puideron contar coa nova Biblioteca, situada na Casa do Patín, que fora rehabilitada para ese efecto. Como salón de actos para os acontecementos máis representativos, comezouse a empregar o correspondente ao campus, que se atopa no edificio adxunto á Facultade. 

Desde 1996, comezouse a impartir a diplomatura de Biblioteconomía e Documentación, segundo un plano de estudos de tres anos. Incorporouse entón profesorado novo, que na súa maioría ten os seus gabinetes na planta alta do edificio da Facultade. Para as prácticas desta titulación e como servizo a todo o alumnado de Humanidades, instalouse unha aula de Informática no segundo andar. 

No curso 2003/2004, comezou a impartirse a licenciatura en Documentación.

A entrada do Plan Bolonia fixo que ambos os títulos do Centro pasarán a ser Graos de 4 anos. Os nosos Graos comparten nestes momentos os 3 primeiros cuadrimestres de materias básicas e xerais, o que permite ao estudante achegarse a ambas as titulacións para poder escoller despois en cal delas desexa graduarse. Proximamente implantarase o Grao Dobre en Humanidades+Información e Documentación, que permitirá graduarse en ambas as dúas en 5 anos.

Autoridades académicas

A Facultade de Humanidades comezou con José Antonio Fernández de Rota como decano designado e José María López Vizoso como secretario. Posteriormente, tras ser elixido J. A. Fernández de Rota como decano, formaron parte do seu equipo decanal Víctor Alonso Troncoso, como vicedecano e Ramón Yzquierdo Perrín, como secretario, a quen sucederon despois Bernardo Castelo e, posteriormente, Miguel Clemente. Ao pouco de se incorporar á universidade Pedro López Gómez, pasou a ser vicedecano para Biblioteconomía e Documentación.

En 1999 Víctor Alonso Troncoso foi elixido decano e formou equipo con Pedro Armas Diéguez, para a titulación de Humanidades; Nieves Peiró Graner, para os estudos de Biblioteconomía e Documentación; e Juan Monterroso como secretario, tras un período inicial con Miguel Clemente. No ano 2000, Wenceslao J. González pasou a ser vicedecano para a licenciatura de Humanidades.

En marzo de 2002, o profesor Baudilio Barreiro Mallón asumiu o decanato da Facultade de Humanidades e actuou como vicedecano o profesor Manuel Reyes García Hurtado. Desde outubro de 2002 até febreiro de 2005, a profesora Carmen Fernández Casanova foi decana comisionada deste centro.

Nas eleccións que se realizaron en febreiro de 2005 foi elixido decano o profesor José Luis Tasset Carmona, con Carmen Perez Pais, vicedecana de Biblioteconomía, José María López Vizoso, vicedecano de Humanidades e José Carlos Santos Paz como secretario. No curso 2008-2009 Manuela P. Santos foi nomeada secretaria.

Nas eleccións que se realizaron en marzo de 2009 foi elixido decano o profesor Manuel J. Recuero Astray, con Juan Luis Montero Fenollós de vicedecano y Manuela P. Santos como secretaria. Posteriormente, tamén en marzo de 2009, incorporouse Viviana Fernández Marcial como Vicedena e, en outubro, Julián Dorado de la calle foi nomeado secretario do centro.

Nas eleccións celebradas en 2015 volveu ser elixido como Decano para un segundo mandato o profesor Dr. da área de Filosofía moral José Luís Tasset. A Dra. Manuela Pilar Santos volveu ser nomeada Secretaria Académica do centro. O Dr. Antonio García Allut foi nomeado Vicedecano de Humanidades. A Dra. Raquel Díaz Seijas foi nomeada Vicedecana de Organización Académica e Calidade.

(Actualizada data 26/04/2016.)

 

Nas eleccións celebradas en 2015 volveu ser elixido como Decano para un segundo mandato o profesor Dr. da área de Filosofía moral José Luís Tasset. A Dra. Manuela Pilar Santos volveu ser nomeada Secretaria Académica do centro. O Dr. Antonio García Allut foi nomeado Vicedecano de Humanidades. A Dra. Raquel Díaz Seijas foi nomeada Vicedecana de Organización Académica e Calidade.A Facultade de Humanidades conta coas seguintes titulacións:
Licenciatura en Humanidades
Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación
Licenciatura en Documentación
 
Época do H. Novoa Santos
 
O título de licenciado en Humanidades é un tipo novo de estudos que xordiu no noso país en 1992 e que se implantou na Universidade da Coruña en 1993. Desde o principio, a Facultade de Humanidades organizou o seu plano de estudos en catro cursos. Para implantar a dita licenciatura, utilizouse provisionalmente o H. Novoa Santos, situado na estrada de Catabois. Alí, ao longo de tres anos, utilizáronse unhas aulas en que estivera anteriormente a Escola de Enfermaría.
 
Etapa de Esteiro
 
Tras a remodelación do antigo Hospital Naval, situado na zona de Esteiro, a Facultade trasladouse en 1996 a unha nova sede, o edificio galerías do campus de Ferrol e converteuse na única facultade do campus. Os seus profesores quedaron situados na súa maioría, no edificio de gabinetes, que se atopa ao lado do anterior. A inauguración do edificio, que tivo lugar en outubro deste ano, foi a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, acompañado polo reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil, e por outras autoridades.
Ademais da sede da Facultade e do edificio de gabinetes, os profesores e os alumnos puideron contar coa nova Biblioteca, situada na Casa do Patín, que fora rehabilitada para ese efecto. Como salón de actos para os acontecementos máis representativos, comezouse a empregar o correspondente ao campus, que se atopa no edificio adxunto á Facultade.
 
Desde 1996, comezouse a impartir a diplomatura de Biblioteconomía e Documentación, segundo un plano de estudos de tres anos. Incorporouse entón profesorado novo, que na súa maioría ten os seus gabinetes na planta alta do edificio da Facultade. Para as prácticas desta titulación e como servizo a todo o alumnado de Humanidades, instalouse unha aula de Informática no segundo andar.
 
No curso 2003/2004, comezou a impartirse a licenciatura en Documentación
 
 
Autoridades académicas
 
A Facultade de Humanidades comezou con José Antonio Fernández de Rota como decano designado e José María López Vizoso como secretario. Posteriormente, tras ser elixido J. A. Fernández de Rota como decano, formaron parte do seu equipo decanal Víctor Alonso Troncoso, como vicedecano e Ramón Yzquierdo Perrín, como secretario, a quen sucederon despois Bernardo Castelo e, posteriormente, Miguel Clemente. Ao pouco de se incorporar á universidade Pedro López Gómez, pasou a ser vicedecano para Biblioteconomía e Documentación.
 
En 1999 Víctor Alonso Troncoso foi elixido decano e formou equipo con Pedro Armas Diéguez, para a titulación de Humanidades; Nieves Peiró Graner, para os estudos de Biblioteconomía e Documentación; e Juan Monterroso como secretario, tras un período inicial con Miguel Clemente. No ano 2000, Wenceslao J. González pasou a ser vicedecano para a licenciatura de Humanidades.
 
En marzo de 2002, o profesor Baudilio Barreiro Mallón asumiu o decanato da Facultade de Humanidades e actuou como vicedecano o profesor Manuel Reyes García Hurtado. Desde outubro de 2002 até febreiro de 2005, a profesora Carmen Fernández Casanova foi decana comisionada deste centro.
 
Nas eleccións que se realizaron en febreiro de 2005 foi elixido decano o profesor José Luis Tasset Carmona, con Carmen Perez Pais, vicedecana de Biblioteconomía, José María López Vizoso, vicedecano de Humanidades e José Carlos Santos Paz como secretario. No curso 2008-2009 Manuela P. Santos foi nomeada secretaria.
 
Nas eleccións que se realizaron en marzo de 2009 foi elixido decano o profesor Manuel J. Recuero Astray, con Juan Luis Montero Fenollós de vicedecano y Manuela P. Santos como secretaria. Posteriormente, tamén en marzo de 2009, incorporouse Viviana Fernández Marcial como Vicedena e, en outubro, Julián Dorado de la calle fonovoa santosi nomeado secretario do c